Quizais este non sexa o mellor exemplo de arte transgresor, pero é unha nova fresca, recollida onte polo xornal EL PAÍS nunha recensión que fai de THE NEW YORK TIMES..
O titular do xornal é: Prohibido tocar a los artistas desnudos.
O pé de foto di: En una retrospectiva de Marina Abramovic en el Museo de Arte Moderno [MOMA de New York], los visitantes pueden pasar entre dos actores desnudos, lo que da pie a algunas situaciones íntimas y embarazosas.
Trátase dunha reposición da obra Imponderabilia, unha famosa obra interpretada orixinalmente por Abramovic e un compañeiro nos anos setenta.
Neste momento interveñen actores profesionais, algún bailarín de danza contemporánea, todos acostumados ao traballo en teatros e que valoraron como excepcional a experiencia no museo.
