Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico"

Re: Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico"

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

Estou totalmente dacordo contigo. Se Guillermo Vargas quería dar unha lección á sociedade, que buscase outra forma de facelo. Non sei que lle parecería a opción de facelo sen poñer en xogo a vida dun animal, por exemplo. Está claro que a xente é egoísta e por moito que se repitan situacións na vida que nos fagan darnos de conta do verdadeiramente crueies que podemos chegar a ser, en canto pasen unhas horas, incluso atreveríame a dicir que uns cantos minutos, xa o teremos esquecido.

Resúltame complexa a frase de Heidegger. Non a entendo ben. Agradecería se alguén ma poidese explicar.

Acerca do de Jaime Ferrero non podo dicir moito aquí, xa que me vería obrigada a soltar algunha palabra un pouco delicada. Conformareime con dicir que para min alguén que fai iso non se merece a condición de persoa.

 Para min un cabalo é fermoso, ten porte e elegancia e por iso resúltame agradábel observalo. Pero velo colgando do teito nese estado e pensar que ao que se lle ocorreu colocalo ahí o chama arte, o único que me fai sentir é noxo porque usen aos animais polo mero feito de captar a atención dos visitantes. Acerca da pregunta que fai Jaime neste apartado, penso que non se pode comparar o expoñer a unha persoa có de expoñer a un animal, xa que impactaría moito máis e sería máis desagradábel o primeiro. Sen embargo ambos os dous casos serían unha completa falta de sensatez e sensibilidade.

Re: Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico" por Usuario eliminado -
Re: Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico" por Usuario eliminado -