Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico"

Re: Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico"

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Xa noutra entrada alguén fixo alusión ás accións pretendidamente artísticas sobre animais e se interrogaba sobre a moralidade das actuacións. Vós incidides no mesmo. Creo que foi Pablo que propoñía unha reflexión sobre a Festa de Touros.  Ao meu parecer hai unha diferencia moi importante entre o caso presentado por Pablo e o que agora salienta Jaime. No primeiro digamos que non se produce innovación nin pretende cambiar a nosa mirada sobre o mundo ou situación algunha. No segundo, é manifesta unha intención revolucionaria respecto da relación de dominanción que manteñen os seres humanos respecto dos animais. Nese sentido a acción simbólica no contexto do museo se aproxima a unha das funcións da arte como axente revolucionario ao ofrecer unha mirada distinta da realidade. Quedan evidentemente moitas outras consideracións éticas, formais, técnicas, estéticas, etc, por analizar neste asunto. 

Re: Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico" por Usuario eliminado -