Para comezar a min a festa dos toros é de todo menos festa, facer sufrir a un animal para divertimento da xente pareceme terrible. A xente que xustifica as corridas de toros dicindo que senon o toro non existiría..., eu penso que se o toro poidese falar seguramente preferiría non existir a vivir estupendamente uns anos para rematar unha hora na praza de toros sufrindo o insufrible dende pinchazos, banderillas, lanzas dos que van nos cabalos e por último cando xa se está desangrando chega o torero e rematao cunha puñalada na cabeza sempre que morra a primeira puñalada e non teñan que estar dandolle seguido; por iso estou en contra de que ós toros se lle chame arte ou tradición, xa que o arte para min e sobre todo a pintura e a escultura, nunca un ser vivo; e pola outra banda os que din que é unha tradición, vergoña debería de darlles porque como a historia ben nos ha ensinado hai sufrimentos chamados tradicións, por exemplo: a ablación.
Con respeto ao comentario da profesora, aínda ca acepción do término arte sexa habilidade para facer algo, eu penso que neste caso si, o torero ten habilidade para mover o capote e escapar do toro, ¿iso é arte? ¿arte para quén, para o toro ou para os que o ven morrer?
Re: A guerra non é arte.¿E que hai sobre o maltrato animal?
por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0