Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A guerra non é arte.¿E que hai sobre o maltrato animal?

Re: A guerra non é arte.¿E que hai sobre o maltrato animal?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Estando básicamente de acordo contigo, ten en conta que a palabra Arte ten máis dunha acepción, como moi ben puntualizou Jacobo nun fío anterior, o da gastronomía, penso.

Cando a RAE da unha definición para o termo Tauromaquia utilizando o vocablo ARTE penso que a utiliza nesta outra acepción, tamén tomada da propria RAE:

Virtud, disposición y habilidad para hacer algo.

Neste senso falamos de artes marciais, por exemplo.

En calquera caso, o tema está moi ben traído porque aínda que a Academia non se pronuncia sobre o valor artístico da tauromaquia, está máis que claro que moita xente así o considera. Eu podo dar fe disto porque veño dunha terra na que moitísima xente é  fervorosa defensora das corridas de toros e, por suposto, supoño que as considerarán moi artísticas e encomiables xa que ata hai tertulias que duran horas e máis horas sobre os diferentes matices de cada "matador" á hora de "executar" a súa obra. Moi boa proposta de debate. Era un artista o marques de Sade?