Para dicir que toda a música é arte hai analizar moito todas as obras, comparalas e demais, tamén depende do oínte e os seus gustos. Eu sigo apoiando a miña "teoría" de que a música que ten fins únicamente comerciais (o 70% da música de Radio) non é arte. Hai excepcións, pero bueno a maioría de grupos que eu escoito na radio soan prácticamente igual e teñen o mesmo estilo de pop-rock aburrido, non moitos músicos se toman en serio a música, e o sei por experiencia, xa que coñecin e coñezo persoalmente a moitos grupos de Galicia que están tendo éxito, cada vez se están vendendo máis aínda por encima e xa non fan música por "amor", as discográficas lavan o cerebro aos grupos, e de escribir eles as letras por exemplo, pasan a que as escriba outra xente e eles a interpreten.