Penso que o feito de que a música sexa comercial ou non non inflúe en que sexa arte ou non, toda (ou o 99%) a música é comercial. A música clásica foi comercial no seu momento, se Mozart, Beethoven, Haydn non gañase cartos coas súas obras é probable que non compuxeran, ou, polo menos, que non compuxeran todo o que compuxeron.
Por outra banda está o tema da música moderna, coincido con Gonzalo en calificala de arte, pode que non ao mesmo nivel que a Novena Sinfonía, pero arte ao fin e ao cabo, outra cousa é que guste máis ou menos. No básico non se diferencia tanto da música clásica, quitando que é outro estilo. Moitos dixestes que era menos elaborada, e é certo, pero ten un traballo detrás que aínda que non sexa tan grande é un esforzo considerable.