Gonzalo, fas unha afirmación que me gustaría analizar. Dis:
Cualquier producción humana, animal, etc., sea del tipo que sea, posee de por sí un cierto ''valor artístico'' ...
Evidentemente non toda produción humana ten valor artístico, exemplo: semento leitugas que coido e recollo, as leitugas producidas por min non serán consideradas como obxectos de valor artístico. Pero supoño que cando afirmas sea del tipo que sea refíreste as variantes dentro da arte.
O que realmente quero analizar é o de produción animal. Unha paisaxe pode ser impactante, moi bela, igualmente un niño feito por unha ave, ou os promontorios de area orixinados por algúns animaliños á beira do mar poden semellarnos belas esculturas. pero hai un acordo xeneralizado en considerar arte só á produción humana que ademais debe ter unha intencionalidade estética. A non ser que supoñas esa intencionalidade noutros autores non humanos, a palabra arte non sería aplicable ás súas producións por moito que si as podamos xulgar como esteticamente valiosas como desde logo o é a percepción de moitos elementos naturais.