Non estou moi dacordo niso de que a música poda considerarse arte, está claro que a música de hoxe en día non o é, todas esas cancións que soan tanto na radio coma nas discotecas non poden ser consideradas arte, es mas se consideramos esta nova música, todo o que nos rodea tamen debería selo, e se é así case nada podería ser considerado artístico porque todo o sería, non sei moi ben se queda clara a miña opinión así.
Por outra banda, a música clásica si, é boa, e para o seu tempo pode ser moi importante xa que non tiñan os métodos de hoxe en día, máis se consideramos arte a todo o que teña un proceso de elaboración e que trasmita algo, hoxe en día nada o sería. En todo caso non sería arte senon bo oído, é dicir, non é facil facer unha melodía pero se tes as notas e as mezclas ata que te soen ben pois xa tes unha, en todo caso un dos poucos que podería considerarse é Mozart que as facía de cabeza.