Alejandra o que dis no teu último parágrafo non me quedou moi claro, en primeiro lugar a música clásica chámase clásica (coma ben nos ensinou o profesor olbés en terceiro) porque non pasa de moda, non se era boa no seu tempo senon que o sigue sendo, por exemplo cando imos a unha boda os homes poden vestir de clásico, traxe negro , grabata e camisa, que é o que non pasa de moda.
Cando dis que non sería arte senon bo oído e que se tes as notas e mezcras as notas ata que soen ben, pois isto mesmo poderías aplicarllo a pintura non?? se tes os colores e ollos! e os mezcras ata que che pareza bonito o que tes diante xa é arte?. Creo que deberías matizar iso, o arte intenta expresar algo, non é unha combinación aleatoria de elementos que cadraron ben.
E por último cando dis que un dos poucos que poderíase considerar é Mozart , Porque as facía de cabeza, é algo que ... non entondo o que queres dicir, e que outros compositores non as facían de cabeza? as copiaban?. Beethoven compuso a súa novena sinfonía case xordo, cando a inagurou o rematar a xente apraudiulle un monton de tempo pero el nin sequera se decatara, non escoitaba os aplausos, ata que lle deron a volta e veu que o público o aclamaba.