Está claro que non toda a música é arte. Para min é arte só a música que non pretende ter fins comerciais e expresa sentimientos nas súas letras e melodías. Quizais o que digo non ten moito sentido xa que hai música comercial que sí que é bastante boa, pero á conclusión que quero chegar é que hai artistas que só escriben letras baseándose en temas concretos ou que estén de moda para vender as súas cancións é vivir do conto, ao pouco tempo, ademais, se ven que a súa música non pega forte, cambian radicalmente.
Eu creo que está máis que claro que a maioría de cancións elaboradas con creatividade son obras de arte, sempre que non exista plaxio ou falta de orixinalidade.
O que dixo Alejandra, con perdón, pareceume unha burrada como un templo, aínda que sexa a súa opinión, é unha falta de respeto hacia a xente que lle gusta a música dicir que "a música de hoxe en día non é arte" e a "música clásica, sí". Non captei o seu mensaxe moi ben, pero o que entendin deume a entender que non escoitou máis música da que soa nos 40 principais.
E iso de que... Mozart as facía de cabeza... (???). Faime gracia, a música clásica parece que é a "panacea musical". Vale que algunhas composicións marcaran un antes e un despois e quizais sen esta música non existirían a maioría dos grupos que existen agora, pero dicir que sólo a clásica e maís concretamente, só Mozart sea un artista é unha auténtica burrada. Penso que antes de dicir algo así habería que escoitar moita música, e eu, sen parecer egocéntrico, escoitei case de todo porque é a miña debilidade, o que non soporto son as cancións comerciais ou "mainstream". Ah! E hai moitos músicos actuais "clásicos", por ex. Ennio Morricone que é moi coñecido, que fan música moi elaborada e interesante. A min hai cancións instrumentais que poden chegar a "controlarme" psicolóxicamente. Os deixo un enlace con un exemplo:
http://www.youtube.com/watch?v=jYpspzHyyGI
É unha canción bastante simple, pero a tonalidade das notas, a min polo menos, prodúceme angustia e tristeza, e o diálogo que mete o grupo polo medio xa completa a atmósfera, máis sabendo que foi sacado dunha entrevista ou unha película (non recordo) na que un esquizofrénico fala co seu pai, se os interesa os podo pasar esa "conversación". Penso que esta canción é un bó exemplo para demostrar que con pouco pode darse moito, e a cuestión non é que as melodías estén moi elaboradas ou non, a cuestión é saber transmitir a través da música algún sentimento, sexa o que sexa. Da música techno e dance, por ex. non sabería que dicir, pode ser arte sí, pero a min non me expresa absolutamente nada e o único sentimento que atopei na xente que escoita este tipo de música é a "euforia", pero de forma esaxerada e despoporcionada, o peor e que moitas persoas só escoitan este estilo cando están drogados.