Section outline
-
E chegamos á terceira semana destes 21 días tan intensos. Aquí vos vai a última proposta:
GUIÓNS RADIO E/OU PÍDULAS DE TV (informativo breve). Estas tarefas pódense desenvolver de xeito individual ou grupal
1ºESO, 3ºESO: GUIÓNS DE RADIO e/ou PÍDULA TV . Proposta temática
- Pídula ou guión sobre a muller en diferentes etapas da historia. Quen queirades traballar este tema, tedes ao voso dispor un genial.ly elaborado polo departamento de historia con moito material. Trátase de seleccionar unha ou varias etapas e documentarvos sobre elas coa información que vos trae o genial.ly e a partires diso crear, ben un programa de radio ben un de TV.
- Malala. Temos un guión (vid. máis abaixo) en castelán que fixo a profe Lucía con alumnado de 2ºESO. Trataríase de traducilo e gravalo. Do mesmo xeito que o anterior, podería estar enfocado a un programa de TV ou de Radio.
- Mulleres científicas (departamento de bioloxía )
- Calquera traballo audiovisual dos que levamos feito. Algúns de vós fixestes receitas, outros, entrevistas ficticias a mulleres emblemáticas....Quen queira pode facer con isto, un novo traballo. Por exemplo, os que elaborastes as entrevistas, podedes facer un programa falando en xeral da autora e logo, presentades a entrevista e incluídela (pode ser unha idea).
- Prexuízos ou variedades dialectais. Pídula sobre o galego de Pontevedra.
- Pídula sobre mulleres autoras (1º ESO).
- Pídulas receitas "Na cociña entramos todxs")
- Tema libre. Seleccionades o tema que queirades pero que teña unha vinculación coa muller. Por exemplo, xa houbo unha proposta para facer unha pídula sobre grupos de música en galego e pódese facer sen problema, o que deberiades é darlle a mesma importancia. É dicir, mesmo número de cantantes masculinos que femininos...
4º ESO: PROPOSTAS
A) AUDIOVISUAL BREVE COAS CONCLUSIÓNS FINAIS DAS ENTREVISTAS REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO DONAS DE SI ÁS BEIRAS DO LÉREZ.
B) GUIÓN PARA DEBATE RADIOFÓNICO (OU AUDIOVISUAL) CON TEMAS RELACIONADOS COA LINGUA E COA IGUALDADE (4ªESO) //Tedes que formar equipos e concretar o tema para debater . Unha vez que isto se determine, tedes que preparar o tema, é dicir, tedes que informarvos no voso tempo libre.
- Novas masculinidades
- Micromachismos
- Ecolingüismo / Imperialismo lingüísico
- Reintegracionismo ou isolacionismo
C) MÚSICA
http://www.gzmusica.com/
Presentación de videoclips de grupos e cantantes galegos. ( Gzmúsica)
Do mesmo xeito que o anterior, esta información pode servir para face unha pídula ou un guión (ter en conta o tema dos dereitos de autor para a montaxe
-
Este guión está en castelán e elaborouno a profe Lucía Neira. Está elaborado de xeito coral e repartindo as personaxes, podería falar toda a clase e facer un guión de radio (ou entrevista de TV) conxunta.
-
Textos que nos presentan a figura de Clara Campoamor. Poderían servirnos para facer teatro radiofónico e tradución xa que están en castelán (parten da materia de Lingua castelá e literatura)