Section outline

  • Case non queda nada para que comece o programa 21 Días! Tres semanas de inmersión lingüística en galego!!! Seremos quen?

    Pois claro que si!!! O importante é o camiño que imos facer xuntos e que ten un obxectivo mellorar as nosas competencias orais con compromiso e dun xeito divertido.

    Hai algo que che vai axudar, sabes que? Que non hai galego mal falado, o único galego mal falado é o que non se fala.

    Para irnos metendo no papel, déixovos estas reflexións de Esther Estévez, a presentadora do Dígocho eu! e dunha intervención que fixo nas xornadas de dinamización lingüística LGX15: E falarei como eu queira, ou?

    Outra cousiña! Abaixo deixo os modelos de autorización e a carta de presentación ás familias, por se vos fixese falta.