NORMAS E CONDUTAS
Deberán cumprirse as ordes dadas polo profesorado e polo persoal non docente. O alumnado que incumpran as normas de conduta poderán ser apercibidos por escrito cunha falta disciplinaria (leve, menos grave ou grave).
Unha falta grave suporá a expulsión do centro entre 1 a 3 días. A reiteración de faltas leves e/ou menos graves poderá supoñer tamén a expulsión do centro. A reiteración de faltas graves poderá ser motivo de apertura dun expediente disciplinario por parte da Dirección do centro e a expulsión do proxecto.
Cada grupo de alumnos é responsable do coidado e mantemento do material da aula na que realizan as súas tarefas lectivas ou da dependencia que ocupen nun momento concreto; teñen a obriga, individual ou colectivamente, de reparar os danos causados ou facerse cargo dos custos económicos da súa reparación, e por extensión ás pertenzas de calquera membro da comunidade educativa. Igualmente repararán os danos ocasionados en instalacións alleas ao centro durante as actividades extraescolares ou complementarias.