ENTRADAS E SAÍDAS
As portas de acceso ao centro pecharanse pasados dez minutos do comezo da actividade lectiva: ás 8:55 pola mañá e as 16:25 na tarde do luns. Permanecerán pechadas durante o transcurso da xornada escolar, agás no horario do réxime de persoas adultas e durante os períodos de lecer.
O alumnado de Ciclos dirixirase ás súas respectivas aulas as 8:45h (pola mañá) ou as 16:15h (pola tarde), mentres permanecerá na zona de marquesiñas ou na cafetaría. Non está permitida a entrada nos edificios antes das 8:40h (pola mañá) ou as 16:10h (pola tarde)
O alumnado de Ciclos sairá das aulas ás 14:15h e ás 19:40h. Dirixirase á saída sen demorarse, non podendo permanecer no centro.