Saltar la navegación

FORMACION PROFESIONAL DUAL

QUÉ É A FP DUAL INTENSIVA?

A formación profesional intensiva (FPDI) corresponde co rexime de formación profesional que se realiza alternando a formación no centro de formación ou na empresa u organismo equiparado coa actividade productiva

A FPDI integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional:

  • formación curricular
  • formación na empresa
  • formación complementaria (específica para os procesos productivos)

Combinando a asistencia do alumnado ao centro educativo coa formacion na empresa

CAL É A DURACIÓN DAS ENSINANZAS DE DUAL INTENSIVA?

A definida no plan formativo do proxecto acordada entre o centro educativo e a empresa

CANTAS HORAS DE FORMACIÓN SE REALIZAN NA EMPRESA?

As establecidas no programa formativo, tendo en conta que dentro da planificación da estancia na empresa, se realizara formación curricular, complementaria e actividade produtiva

CAL É O VINCULO DO ALUMNADO DE FP DUAL INTENSIVA COA EMPRESA?

Pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación en alternancia. En calquera caso o alumnado debe ser incorporado ao rexime xeral da Seguridad social

PERCIBE O ALUMNADO DE FP DUAL INTENSIVA ALGUN TIPO DE COMPENSACIÓN?

O alumnado percibe una compensación económica proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación. Para o seu calculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo, ou de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.