FRASEOLOXÍA DO OUTONO. PROXECTO COLABORATIVO
Requisitos do completado
ACTIVIDADE POR GRUPOS:
1.Recollede entre a familia e vecindario refráns relacionados co outono.
2.Anotade o seu significado e o nome da persoa informante.
3.Indicade os nomes dos membros do grupo.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
EXEMPLO:
MOITO HAS DE SABER PARA COGOMELOS COLLER
Significado: Dado que os cogomelos son fungos que poden ser comestibles ou non, hai que ter coidado ao collelos por se son tóxicos.
Informante: María.
Grupo: Diego, Alexia e Lois.
