FRASEOLOXÍA DO OUTONO. PROXECTO COLABORATIVO
ACTIVIDADE POR GRUPOS:
1.Recollede entre a familia e vecindario refráns relacionados co outono.
2.Anotade o seu significado e o nome da persoa informante.
3.Indicade os nomes dos membros do grupo.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
EXEMPLO:
MOITO HAS DE SABER PARA COGOMELOS COLLER
Significado: Dado que os cogomelos son fungos que poden ser comestibles ou non, hai que ter coidado ao collelos por se son tóxicos.
Informante: María.
Grupo: Diego, Alexia e Lois.

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
|---|
| GR | A todo porquiño lle chega o seu San Martiño | |
|---|---|---|
Significado 1: Que chega a matanza dos porcos. Significado 2: Que a toda persoa mala chegalle o mal. Informante: María del Carmen. Grupo: Gabriel Rial, Rodrigo e Enzo.
| ||
| ER | As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son para o moucho | |
|---|---|---|
Signifiado: cando as castañas están secas e non se poden comer comenas os paxaros. Informante: María Ester Grupo: Gabriel, Rodrigo e Enzo | ||
| Dd | AUGA QUE NON HAS DE BEBER, DÉIXAA CORRER | |
|---|---|---|
SIGNIFICADO: Se algo non é para ti deixa que se vaía. INFORMANTE: Moisés. AUTORA: Diana.
| ||
C |
|---|
| AC | CANDO AS SEIS VEXAS ESCURECER, O OUTONO SEGURO É | |
|---|---|---|
Significado: Polo cambio de hora, en outono, cando son as seis xa está oscurecendo Informante: Noelia Grupo: Antía | ||
E |
|---|
| AB | En outono fai a matanza e inche ben a panza | |
|---|---|---|
Na época de outono (Samartiño) faise a famosísima matanza do porco, na que nas aldeas matan moitos porcos. Significado 1: Este dito incítanos a que gocemos da carne e da festa. Significado 2: Ven época de abundancia. Informante: Veciña (Purificación) | ||
| AM | En San Martiño trompos ao camiño | |
|---|---|---|
Significado: Época na que se xogaba con os trompos. Informante: José Antonio. Adriana | ||
N |
|---|
| JP | nunca choveu que non escapara | |
|---|---|---|
significado: Utilizase cando van mal as cousas ,recordando que as situación non pode prolongarse de forma identificada. informante: Saray | ||
P |
|---|
| MM | Polo San Martiño hai que plantar o alliño | |
|---|---|---|
significado: Cando chega o San Martiño seméntanse os allos Informante: María Jesús Grupo: Melisa
| ||
| AA | Polo San Martiño lume, castañas e viño. | |
|---|---|---|
Signuficado: Cando chega o San Martiño, xa estamos nunha estación do ano na que fai moito fío , o Outono, por iso nos quentamos nas fogueiras ou asamos as castañas ,e ,algunha xente ,toma o viño. Informante: Montse Grupo: Ana
| ||
S |
|---|
| CC | Se en outono ves que troa, a colleita será bastante boa. | |
|---|---|---|
Significado: O refrán explica que cando observas que en outono ves que troa, a colleita será boa. Informante: Google. Grupo: Cosmin. | ||





