Section outline

  •   

    1. A fraseoloxía vai ser o fío condutor do estudo da lingua galega durante todo o curso: proxecto colaborativo trimestral sobre a fraseoloxía do outono.

    2. A diversidade lingüística: as linguas do mundo, de Europa e da Península Ibérica (a lusofonía).

    3. Léxico das aulas.

    4. A reflexión interlingüística. Estratexias para a identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos sobre o galego.

    5. Fórmulas de saúdo e despedida, agradecemento e desculpa

    6. Produción, comprensión e análise crítica de textos orais (conversas, exposicións orais escolares, redes sociais).

    7. Reflexión sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica: os tipos de texto, o substantivo e o adxectivo.

    8. Diferenzas entre lingua oral e escrita.

    9. Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas.  

    10. Reto: reseña da lectura trimestral.   

    Veña, que comezamos!!

     Ánimooooo!!!

    • ACTIVIDADE POR GRUPOS:

      1.Recollede entre a familia e vecindario refráns relacionados co outono.

      2.Anotade o seu significado e o nome da persoa informante.

      3.Indicade os nomes dos membros do grupo.

      4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.

      5.Incorporádeas ao glosario.

      EXEMPLO:

      MOITO HAS DE SABER PARA COGOMELOS COLLER

      Significado: Dado que os cogomelos son fungos que poden ser comestibles ou non, hai que ter coidado ao collelos por se son tóxicos.

      Informante: María.

      Grupo: Diego, Alexia e Lois.

    • Lectura e comprensión dunha lenda popular. Vocabulario das aves. Abecedario.

      sketch.png

    • As linguas de khoedi

      1. Competencias: 

      • Comprensión escrita: As linguas de Khoedi.
      • Comprensión oral: Surf de ondas xigantes. Aproximación ao portugués.

      2. Coñecemento da lingua:

      • A definición.

      3. Sociolingüística: 

      • As linguas do mundo. 
      • Resumo.

      4. Vocabulario:

      • Uso do dicionario (abreviaturas...).
      • Xogo: Adiviña, adiviñanza, cales son as definicións trampa?