GALEGO_1ºESO
Section outline
-
Aquí vos deixo materiais e recursos moi útiles para pasalo ben estudando galego:)
Ánimoooo!!!
-
DICIONARIO VISUAL CASTELÁN-GALEGO
Este dicionario visual permite coñecer ao mesmo tempo o léxico en galego e castelán. Está dirixido, sobre todo, ao alumnado que non coñece o galego e si un pouco de castelán.

-
1. A fraseoloxía vai ser o fío condutor do estudo da lingua galega durante todo o curso: proxecto colaborativo trimestral sobre a fraseoloxía do outono.
2. A diversidade lingüística: as linguas do mundo, de Europa e da Península Ibérica (a lusofonía).
3. Léxico das aulas.
4. A reflexión interlingüística. Estratexias para a identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos sobre o galego.
5. Fórmulas de saúdo e despedida, agradecemento e desculpa.
6. Produción, comprensión e análise crítica de textos orais (conversas, exposicións orais escolares, redes sociais).
7. Reflexión sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica: os tipos de texto, o substantivo e o adxectivo.
8. Diferenzas entre lingua oral e escrita.
9. Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas.
10. Reto: reseña da lectura trimestral.
Veña, que comezamos!!
Ánimooooo!!!
-
ACTIVIDADE POR GRUPOS:
1.Recollede entre a familia e vecindario refráns relacionados co outono.
2.Anotade o seu significado e o nome da persoa informante.
3.Indicade os nomes dos membros do grupo.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
EXEMPLO:
MOITO HAS DE SABER PARA COGOMELOS COLLER
Significado: Dado que os cogomelos son fungos que poden ser comestibles ou non, hai que ter coidado ao collelos por se son tóxicos.
Informante: María.
Grupo: Diego, Alexia e Lois.

-
Lectura e comprensión dunha lenda popular. Vocabulario das aves. Abecedario.

-
As linguas de khoedi

1. Competencias:
- Comprensión escrita: As linguas de Khoedi.
- Comprensión oral: Surf de ondas xigantes. Aproximación ao portugués.
2. Coñecemento da lingua:
- A definición.
3. Sociolingüística:
- As linguas do mundo.
- Resumo.
4. Vocabulario:
- Uso do dicionario (abreviaturas...).
- Xogo: Adiviña, adiviñanza, cales son as definicións trampa?

-
-
-
ACTIVIDADE POR GRUPOS:
1.Recollede entre a familia ou o vecindario refráns relacionados co inverno.
2.Pedide que vos expliquen o seu significado.
3.Anotade o nome do informante.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
6.Puntuación: 0,5 puntos cando a entrada do glosario estea correctamente escrita, explicada e siga as instrucións anteriores.
EXEMPLO:
NUNCA CHOVE COMO TRONA
Significado: non é para tanto!
Informante: María.
Grupo:

-
1. Competencias: A casa amarela. (A descrición de espazos).
2. A descrición de persoas.
3. Repaso do adxectivo.
4. Léxico da vestimenta.
5. As linguas da Península Ibérica. (A lusofonía).
6. Puntuación e ortografía do b/v.
7. Repaso verbos regulares.
8. Sinonimia e antonimia.
9. Competencias: Entrevista a Javier Gómez Noya.
10. Lectura comprensiva: A nena lectora.
-
-Definición de texto.
-Tipos de texto segundo a intención comunicativa (narrativo, descritivo, expositivo, argumentativo...), segundo a canle de transmisión (orais e escritos) e segundo o tema (literarios, humanísticos, técnico-científicos, periodísticos, publicitarios, xurídico-administrativos...).
-Actividades de consolidación.

-
Infografía que mostra as clases de palbras segundo sexan variables ou invariables.

-
Esquema útil para distinguir as clases de palabras.

-


