Querido alumnado, espero que comezarades a semana con bo pé.
Escríbovos para confirmar os detalles do obradoiro de primeiros auxilios:
-
Data: Mércores, 21 de xaneiro.
-
Horario: De 18:50 a 19:40 horas.
-
Lugar: Aula 209 (Edificio de sanitaria).
Debido á alta participación (54 persoas), decidimos dividir os grupos para que sexan máis reducidos. Así, poderedes practicar as manobras correctamente. Polo tanto, a actividade só coincidirá coa primeira hora de Simulación Empresarial. María Xosé xa está avisada e non hai inconveniente en que vos ausentedes durante a primeira hora.
O obradoiro será moi práctico pero o que nel se trate non se volverá explicar na clase (salvo que alguén teña dúbidas). Con respecto a avaliación desta parte, realizaremos un exame tipo test (só sobre primeiros auxilios). Non se preguntará nada que non estea no libro, pero nas clases posteriores centrarémonos no que non se vexa durante o obradoiro.
Un saúdo a todas e todos, vémonos mañá.
Mercedes.