Section outline

  • 👋 Ola, son Mercedes, a vosa docente do módulo de Itinerario persoal para a empregabilidade I.

    💻 A plataforma Moodle será o noso punto de encontro virtual. Aquí poderedes acceder ós criterios de avaliación de cada unidade, ademáis de contidos adicionais.

    📝Durante as clases empregaremos o libro Itinerario personal para la empleabilidad I da editorial TuLibrodeFP (edición 2025). Apoiarémonos nel para a realización de actividades. As tarefas deben ser subidas á plataforma virtual.

    ✅ A asistencia ás clases é obrigatoria. Cando as faltas inxustificadas superen o 10 % do total das horas do módulo perderase o dereito á avaliación continua.

    🤔 Tedes toda a información no documento PDF desta sección. Para calquera dúbida podedes atoparme os martes de 20:30 h a 21:20 h no departamento de Formación e orientación laboral (edificio A, corredor esquerdo) ou contactar comigo no seguinte enderezo de correo electrónico: vilaralvarez@edu.xunta.gal

    ✨ Comecemos!