Ola a todas e todos,
Como non tivemos clase hoxe, gustaríame que dedicásedes un tempo a botarlle un ollo ao RD 485/1997 sobre sinalización.
Centrádevos nos 6 artigos e nos seus anexos, que é o realmente importante. É un RD sinxelo, así que non o veremos en clase agás que teñades dúbidas.
A nosa planificación para a semana que vén é a seguinte:
-
Martes: Explicación da avaliación de riscos.
-
Mércores: Últimos supostos prácticos do trimestre. Repártense os 7 puntos finais da unidade.
- Xoves: Corrección dos supostos prácticos e resolución de dúbidas.
Un saúdo e que pasedes boa fin de semana.
Mercedes.