Bo día:
Quero darvos a benvida ao curso "Actualización en ferramentas dixitais".
Eu serei o encargado de titorizar o curso, tentando que acadedes o máximo aproveitamento guiándovos no camiño e resolvendo as vosas dúbidas.
O curso está estruturado de maneira en cada actividade hai un apartado de contido e xusto despois aparece a tarefa que hai que realizar. Irei mostrando as actividades pouco a pouco (10 en total), coa idea de que vaiades traballando secuencialmente. No momento no que se presente unha dúbida, usade o foro xeral de dúbidas.
O curso é de 10 horas, que podedes distribuir de maneira flexible e como queirades nas tres semanas que dura o curso.
A tarefa inicial só consiste en ler os apartados de presentación: "Benvida", "Metodoloxía", "Duración e horario do curso" e a "Guía do curso". Se vos queda algunha dúbida con respecto ao curso, deixádea no foro xeral de dúbidas.
Espero que sexa do voso interese e utilidade.
Félix Rodríguez Míguez