Foro de novas

Despedida

Despedida

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Ola a todos e todas.

Rematou o curso Actualización de Ferramentas Tecnolóxicas para docentes, espero que fose do voso interese e que lle sacarades todo o proveito posible.

Gustaríame agradecervos o esforzo e implicación na formación. Aproveito tamén para agradecer ao relator o seu esforzo e bo facer.

A documentación do curso seguirá estando dispoñible par consultala os que desexedes, pero xa non vai a ter titorización nin se poderán entregar xa tarefas,  tampouco haberá soporte do relator no foro de dúbidas e consultas.

Lembrade que para certificar tedes que ter realizado un seguimento regular do curso e ter realizado o 85% das tarefas propostas segundo a ponderación recollida na guía do curso.

Un cordial saúdo.

Antón Infante Taboada
Asesoría de Formación, Área de F.P.
Centro de Formación e Recursos de Vigo
cfr.vigo.fp@edu.xunta.gal