Hoxe remata o curso, polo que todas as tarefas deixarán de permitir a entrega a partir das 00:00 de mañá.
Nas videoconferencias houbo xente que pediu unha ampliación do prazo de finalización do curso, porque non lles daba tempo de finalizar. Decidiuse ampliar o prazo a todos aqueles que xa o pediron e xa realizaran varias tarefas. Neste caso imos ampliar unha semana máis o seguimento do curso.
Naqueles casos que aínda non comezaran o curso, poderán realizar as tarefas pero non haberá seguimento pola miña banda.
Usade o foro de dúbidas para calquera cuestión relacionada con este tema.
Espero que o curso fose da vosa axuda.
Saúdos,
Félix Rodríguez