Section outline
-
Somos o EQUIPO DA BIBLIOTECA e queremos utilizar este espazo para que alumnado e profes poidades mantervos en comunicación con nós.
Queres facernos suxestións de libros ou actividades?
Tes dúbidas sobre algunha das nosas actividades?
Queres particiar nos nosos clubs de lectura, obradoiros de escritura...?
Sabes tocar algún instrumento e queres facelo na biblio?
Gústache debuxar e queres que colguemos na biblio algunha das túas obras?
Queres consultar a información e o calendario do TEMPO DE LECTURA?
Queres consultar materiais para ampliar a túa formación e traballar no PLEA?
-
O obxectivo final desta práctica é o fomento do hábito lector, o desenvolvemento da competencia lectora e o gozo persoal da lectura, así como a mellora da comprensión lectora, o fomento da lectura crítica, creativa e reflexiva.
Para implementar un tempo efectivo de lectura diaria nos centros educativos estableceranse, entre outras, as seguintes medidas:
a. Dedicación dunha franxa diaria de tempo de lectura.
b. Integración en todas as áreas, materias e ámbitos.
c. Creación dun ambiente lector.
d. Acompañamento lector.
e. Participación da biblioteca escolar.
f. Deseño de estratexias: lectura personalizada e diversificada, lectura silenciosa e individual, lectura compartida.
Aquí podesdes consultar as líneas básicas do TEMPO DE LECTURA para o curso 2025-2026, o cartaz de presentación e o calendario cas sesións de lectura por avaliación.

-
Nesta sección imos ir subindo guías con recomendacións de lecturas (interesantes para profesorado e alumnado) elaboradas polo Equipo de Biblioteca.
Tamén incluímos unha guía sobre COMO PRESENTAR TRABALLOS que pode resulta de interesa para o alumnado.

-
Nesta sección imos ir deixando materiais interesantes para todo o profesorado que nos sIrvan para ir coñecendo mellor este plan. -
Esta sección é interesante para o profesorado que traballe como BIBLIOTECARIO ou AXUDANTE na nosa Biblioteca, pois contará con guías sobre como facer préstamos e devolucións, fichar libros, CDU...
-

-
Documento que contén información xeral sobre a adaptación da CDU ás bibliotecas escolares, as sinaturas topográficas e a organización dos fondos documentais.
-
CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas na súa versión abreviada (con dous díxitos) que se emprega na maioría de centros educativos que escolarizan alumnado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
-
CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas na súa versión estendida (con tres díxitos) que se emprega habitualmente en centros educativos que escolarizan alumnado de bacharelato, formación profesional e outros centros que precisan dunha maior especificidade na catalogación dos fondos documentais.É un documento que serve de axuda tamén no labor de catalogación en centros que utilizan a versión abreviada.
-
Táboa moi simplificada da CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas.
-
Documento de apoio á catalogación no referido aos termos de materia.
-
Guía para a autoavaliación das bibliotecas escolares, que pretende facilitar ao equipo de biblioteca radiografiar as súa propia biblioteca, contribuír á mellora da súa práctica neste ámbito e potenciar o uso deste recurso educativo en beneficio dunha educación máis adaptada ás necesidades do alumnado actual.
-
-
Nesta biblioteca dixital están accesibles preto de 4000 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas. A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
- Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e liteara, entre outras.tura para todos os niveis e etapas, entre outras:
- Recursos de ficción e non ficción para todos os ciclos e etapas: libros,revistas, audiolibros, podcast...
- Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
- Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
- A posibilidade de lectura compartida en grupos aula, club de lectura.. cosrecursos proxectados mediante paneis dixitais ou outros dispositivos.
- Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
- Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
- A posibilidade de uso a través dunha APP (gratuíta e dispoñible nas tendasde aplicacións para os distintos dispositivos) que aumenta a interactividade:estatísticas, desafíos, establecer obxectivos diarios ou mensuais…
- O acceso mediante tres perfís diferentes: usuario alumnado (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso escolar) e usuario docente (ata 2 títulos de xeito simultáneo sen límite de préstamos), outras persoas usuarias da comunidade educativa (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso escolar).
-
"LIBROS QUE VAN E VEÑEN"
Dende a nosa Biblioteca poñemos a disposisicón de alumnado e profesorado unha MALETA VIAXEIRA con materiais seleccionados sobre unha temática determinada: libros de Historia, de Biologías, de Matemáticas... Para poder levar estas maletas á aula e dar a coñecer estes libros, basta con que nola solicitedes.
Bibliotecas Escolares de Galicia, a través das súas aseorías, tamén nos facilita maletas viaxeiras que podemos solicitarlle en préstamo. Preme no enlace e mira o seu contido.


