Section outline

    • Nesta biblioteca dixital están accesibles preto de 4000 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.
      Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas. A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
       
      • Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e liteara, entre outras.tura para todos os niveis e etapas, entre outras:
      • Recursos de ficción e non ficción para todos os ciclos e etapas: libros,revistas, audiolibros, podcast...
      • Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
      • Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
      • A posibilidade de lectura compartida en grupos aula, club de lectura.. cosrecursos proxectados mediante paneis dixitais ou outros dispositivos.
      • Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
      • Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
      • A posibilidade de uso a través dunha APP (gratuíta e dispoñible nas tendasde aplicacións para os distintos dispositivos) que aumenta a interactividade:estatísticas, desafíos, establecer obxectivos diarios ou mensuais…
      • O acceso mediante tres perfís diferentesusuario alumnado (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso escolar) e usuario docente (ata 2 títulos de xeito simultáneo sen límite de préstamos), outras persoas usuarias da comunidade educativa (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso escolar).