Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

C

Carta de poboamento

 

Documento polo cal os reis cristiáns outorgaban unha serie de privilexios a grupos poboacionais co fin de obter a repoboación de certas zonas (zona sur do Douro, reino de Toledo, de Zaragoza, territorios do sur de Cataluña e de Teruel...) de interese estratéxico e/ou económico. Isto permitiu a aparición de grandes comunidades de vila e terra integradas por unha cidade que actuaba como capital e o seu territorio circundante, o alfoz, formado por numerosas aldeas e os seus termos. Este sistema xeneralízase a partir do século XI no contexto da expansión dos reinos cristiáns na península ibérica fronte aos musulmáns.

 


M

Manso

 

Termo que denomina a cada unha das unidades de explotación agrícola que forman parte do feudo e que o señor feudal entregaba aos seus servos para o seu cultivo. O manso estaba formado pola vivenda do campesiño e as terras que cultivaba. A cambio, o campesiño pagaba rendas e traballaba na reserva señorial (lugar de uso exclusivo no que estaban o castelo do señor feudal, e onde se concentraban as terras máis produtivas).

http://quhist.com/wp-content/uploads/2011/11/EL-FEUDO-300x268.jpg


Marca hispánica

 

Fronteira creada por Carlomagno ao sur dos Pireneos (en 795) para frear a expansión musulmá. Para gobernala, os reis francos designaron condes, uns de orixe franca e outros autóctonos. O territorio gañado aos musulmáns quedou configurado como Marca Hispánica, e ía desde Pamplona ata Barcelona. Co tempo, os condados que alcanzaron un maior protagonismo foron os de Pamplona, Aragón, Urgell e Barcelona.

https://i1.wp.com/caminandoporlahistoria.com/wp-content/uploads/2018/02/Marca-Hispanica.jpg?ssl=1

 


Mesta

 

Denominada oficialmente como Honrado Concejo de la Mesta; era unha asociación de gandeiros de ovellas meiriña transhumantes, fundada polo rei castelán Afonso X en 1273. Gozaba de privilexios reais para transitar polas cañadas así como para a utilización de pasteiros dos montes situados entre a Cordilleira Cantábrica e o sur de Estremadura. Esta situación explicábase porque a la converteuse no principal produto de exportación de Castela proporcionando moitos ingresos á Coroa. Así, os intereses gandeiros impuxéronse sobre os agrícolas e as melloras terras dedicábanse ao pasto. Os privilexios da Mesta desaparecerán no século XVIII, e ela mesma en 1837.

 

https://3.bp.blogspot.com/-Yvhuu2uuL5c/WkdnQkPpJNI/AAAAAAAAIDQ/8b-sYkW7xIItMD8SAM-EhpCH6tlTcOY2ACLcBGAs/s1600/La%2BMesta.PNG


Mozárabe

Cristián sometido aos musulmáns en al-Ándalus. A cambio de conservar a súa fe e os seus costumes tiñan que pagar elevados impostos, polo que moitos marcharon cara ao norte, aos territorios controlados polos reis cristiáns, ou convertéronse ao Islam os que se converteron ao Islam chamáronse muladíes


P

Presura

 

Modelo de repoboación desenvolvido polos reinos cristiáns ata o século XI. Trátase dunha repoboación espontánea localizada na liña defensiva do Douro e na chaira ao pé do macizo dos Pireneos(aprisio). O seu trazo definitivo era que daba a propiedade da terra a quen a ocupaba durante certo tempo e cultivaba polo menos unha parte da mesma.

 

Imaxe relacionada 

 


T

Taifas


 

Denomínanse así os reinos nos que se disgregou o califato de Córdoba trala súa desaparición en 1031. Configuráronse máis de vinte reinos de taifas, sendo as máis importantes as de Sevilla, Toledo, Badaxoz... Tras unha primeira época de estabilidade e prosperidade, e a pesar da axuda de almorábides e almohades, foron incapaces de frear o avance dos reinos cristiáns. Desde mediados do século XIII só sobrevivirá o reino de Granada.