Termos Bloque IV
Vocabulario bloque IV
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
|---|
D |
|---|
Decretos de Nova Planta:Conxunto de disposicións promulgadas entre 1707 e 1716 por Filipe V quen, en virtude do dereito de conquista e como castigo á súa rebelión (o apoio as pretensións do arquiduque Carlos de Austria), impuña aos reinos da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Cataluña, Mallorca) a supresión das institucións (Cortes, Deputacións, órganos municipais, etc.) e do dereito foral particulares. Así, estes antigos reinos convertéronse en provincias da monarquía, asimilándose xurídica e institucionalmente á Coroa de Castela. Polo tanto, os Decretos de Nova Planta constituíron un instrumento importante no proceso de uniformización e centralización político-administrativa da monarquía e na consolidación do absolutismo rexio.. Non obstante, o reino de Navarra e as provincias vascas, que apoiaran a causa borbónica durante a Guerra de Sucesión, conseguiron manter as súas institucións e privilexios forais. | |
Despotismo IlustradoEstilo de goberno característico de moitos monarcas absolutos europeos durante a segunda metade do século XVIII. Consistía no impulso dende o poder real dunha serie de reformas, inspiradas nas ideas ilustradas e tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o benestar da poboación e o mantemento da orde social. Estas intencións resúmense tradicionalmente no lema “todo para o pobo, pero sen o pobo”. Carlos III (1759-1788) foi o seu representante máis caracterizado entre os Borbóns españois. | |
M |
|---|
Motín de Esquilache.Grave revolta popular ocorrida en Madrid en 1766. Como en episodios semellantes acontecidos noutros puntos da xeografía española durante este ano, a orixe do descontento relaciónase coa suba do prezo das subsistencias, a oposición dos privilexiados ás reformas impulsadas polo monarca e a reacción xenófoba contra a presenza de ministros italianos, caso do mesmo Esquilache (Squillace). A oposición a unha orde deste, que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha na capital, foi o detonante que fixo prender a protesta popular. | |
P |
|---|
Paz de Utrecht:Tratados asinados en 1713 entre as potencias europeas (as monarquías española e francesa dunha banda, Gran Bretaña e as Provincias Unidas da outra) que puxo fin á Guerra de Sucesión española. Filipe V foi recoñecido como rei a cambio de renunciar, en nome propio e dos seus sucesores, aos seus dereitos sobre a coroa francesa. A monarquía española foi obrigada a ceder os seus dominios europeos en prol de Austria (Flandres, Milán, Nápoles e Sardeña) e Savoia (Sicilia). Ademais, o Reino Unido veu recoñecidas as adquisicións territoriais obtidas durante o conflito (Gibraltar, Menorca) e recibiu importantes concesións sobre o comercio americano (navío de permiso, asiento de negros). Os acordos de Utrecht foron complementados por outros posteriores, entre os que destaca o Tratado de Rastatt, subscrito en 1714 por Francia e Austria | |
R |
|---|
Regalismo borbónico:Conxunto de medidas levadas a cabo polos monarcas da casa de Borbón durante o século XVIII para limitar e controlar o poder da Igrexa católica no contexto da potenciación do absolutismo real. Os reis reivindicaron fronte á Igrexa as súas regalías (prerrogativas reais), pretensión que xerou importantes conflitos. Finalmente conseguiron impoñer o padroado rexio (o dereito a propoñer os candidatos a ocupar as sedes eclesiásticas vacantes) e o placet (o poder de reter as bulas e provisións da Santa Sede destinadas á Igrexa española), recoñecidos no Concordato de 1753. Neste mesmo ámbito habería que incluír accións como a redución dos poderes do Santo Oficio ou a expulsión dos xesuítas (1767). | |