Día das letras galegas 2026
Os fíos de Begoña Caamaño chegaron ao IES Neira Vilas. A rapazada de 1º e 2º ESO engaiolada coa autora e o seu legado, creou o mural. Velaí o resultado!
Os fíos de Begoña Caamaño chegaron ao IES Neira Vilas. A rapazada de 1º e 2º ESO engaiolada coa autora e o seu legado, creou o mural. Velaí o resultado!
O 26 de abril o alumnado de Oratoria de 4º ESO participou nas actividades organizadas polo Concello de Oleiros para celebrar o Día do Libro cunha representación teatral.
Nela deron vida e voz a dous poemas senlleiros de Rosalía de Castro. Cun cheo total na zona habilitada no Parque José Martí e baixo a dirección da profesora Eli Ríos, a función transitou entre o humor e o drama para traer ao presente dúas obras da literatura universal e mostrar o talento e a implicación da nosa xuventude. Noraboa a todas e todos!
3° ESO asistindo aos " Fogóns poéticos " na biblioteca Rialeda, ofertados polo Concello de Oleiros coa colaboración do Departamento de Língua Galega.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
