- As clases comezarán o mércores 9 de setembro ás 8:30 h. e seguirán o horario habitual (de 8:30 a 14:10 h. e o luns tamén pola tarde, de 16:15 a 17:55 h.).
- Ese día ás 8:30 h. o alumnado da ESO e de 1º Bacharelato esperará fóra do edificio, xunto á entrada correspondente ao seu curso segundo o plano. Cada persoa titora procederá a chamar ao alumnado do seu grupo, por orde de lista, e conducirao á súa aula de referencia.
O alumnado de 2º Bacharelato deberá subir directamente á súa aula de referencia no segundo andar. Agardará nas portas correspondentes ao seu grupo (2º Bach A: Ciencias e Tecnoloxía; 2º Bach B: Humanidades e Ciencias Sociais), onde será recibido polo seu/súa titor/titora.
- O alumnado con dereito a servizo de transporte poderá empregalo desde ese mesmo día.
- Todas aquelas familias que non recolleron o vale de material escolar durante o mes de xullo poderán facelo a partir do día 1 de setembro ne horario de 9:00 a 14:00 h.
