Xustiza global. A xustiza é a vacina; a OMS fai recomendacións de cómo afrontar a pandemia para protexernos e de cómo se debe traballar en conxunto para acadar o éxito dunha vacina para todos. Relaciono esta noticia cas declaración de Angela Merkel, nun senso parecido de cooperación, o pasado 2 de maio en DW e que copio a continuación.
Inxustiza global: os gobernos do mundo ignoraron as advertencias dos científicos sobre a sobreexplotación dos recursos naturais, que provocaron tamén o cambio climático, e sobre o risco de pandemia mundial priorizando sempre a economía; isto levounos a unha situación da que non podemos coñecer as consecuencias finais, pero xa todos estamos a ver as consecuencias inmediatas.