Section outline
Personalización
A configuración dunha aplicación de IA permite personalizar o seu comportamento simplemente indicando, de maneira breve, como queres que responda. Non é algo técnico: consiste en escribir unhas poucas frases que marcan o estilo, o ton ou o nivel das respostas.
🔧 Como funciona esta personalización desde a configuración?
Moitas aplicacións teñen un espazo de “configuración”, “instrucións personalizadas” ou “preferencias”. Aí podes poñer indicacións como:
-
“Exprésate sempre de forma clara e concisa.”
-
“Emprega un ton formal e educativo.”
-
“Adapta as explicacións ao nivel de alumnado de 4º da ESO.”
-
“Inclúe exemplos sinxelos cando expliques conceptos.”
-
“Responde en galego normativo.”
Estas indicacións quedan gardadas na configuración e a IA seguiraas automaticamente en todas as conversas, sen ter que repetilas cada vez.