Section outline
-
Cualificación das avaliacións trimestrais.
En cada avaliación impartiranse tres unidades didácticas.
No Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, no artigo 12 establécese: " Nas clases de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, usarase, respectivamente, o galego e o castelán, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado". O alumnado desenvolverá as probas en lingua galega. No caso das probas de avaliación escritas, ademais dos criterios de cualificación específicos de cada proba, aplicarase unha penalización de nota por incorreccións lingüísticas que no caso de 1ºde bacharelato non superará os 2 puntos. O alumnado utilizará a lingua galega oralmente na clase. Nos casos de avaliación oral a penalización por incorreccións lingüísticas poden chegar a 2 puntos. Nos traballos e exames seguiranse os criterios acordados no TIL do centro e que figuran no apartado 4.1 Concrecións metodolóxicas. Terán unha penalización de ata 0.5 puntos.
Empregar métodos fraudulentos na realización das probas, copiar, permitir que outros copien o seu traballo ou participar en calquera estratexia para mellorar resultados implicará a obtención automática dun cero (0) na proba escrita, tarefa ou exposición.
Cualificación das avaliacións trimestrais.
De conformidade co establecido na normativa vixente, consignaranse as expresións insuficiente(IN), suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) e sobresaliente (SB), acompañadas dunha cualificación numérica na escala do 1 ao 10, sen cifras decimais.
En cada avaliación terase en conta a lectura do libro (10%), tarefas de clase e de casa, comentarios, oralidade e elaboración de textos (10%) e 2 exames (80%).O alumnado para superar a materia deberá ter unha media aritmética de 5 puntos ou superior. Non se redondeará á alza ata a convocatoria ordinaria.
Cualificación ordinaria:
O alumnado para superar a materia en cada avaliación, deberá ter unha media aritmética de 5 puntos ou superior. Para o cálculo da cualificación final do curso, farase a media aritmética das notas reais das tres avaliacións ( non as do boletín sen ponderar)
-No caso de ter superadas positivamente as tres avaliacións a nota final será a resultante de calcular a media aritmética das tres avaliacións; redondearase á décima a partir do 0.7, de ser o caso.
-No caso de ter unha avaliación suspensa realizarase unha proba de recuperación ao inicio do trimestre seguinte, coincidindo coa volta dos períodos vacacionais agás no último trimestre, que datará antes da realización do exame global.Será un exame por escrito que englobe contidos impartidos e asemade os libros de lectura, de ser o caso. Considerarase que o alumno recuperou dita avaliación se acada unha cualificación de 5 ou máis.Para os efectos de cálculo da cualificación final, terase en conta que a cualificación da recuperación substitúe á obtida da avaliación suspensa.
-No caso de ter unha avaliación suspensa realizarase unha proba de recuperación ao inicio do trimestre seguinte, coincidindo coa volta dos períodos vacacionais agás no último trimestre, que datará antes da realización do exame global.Será un exame por escrito que englobe contidos impartidos e asemade os libros de lectura, de ser o caso. Considerarase que o alumno recuperou dita avaliación se acada unha cualificación de 5 ou máis.Para os efectos de cálculo da cualificación final, terase en conta que a cualificación da recuperación substitúe á obtida da avaliación suspensa.
Para o cálculo da cualificación final do curso, farase a media aritmética das notas reais das tres avaliacións ( non as do boletín sen ponderar).
Criterios de recuperación.
De non acadar unha media de 5 entre as tres avaliacións (xa feitas as recuperacións), a profesora poderá realizar un exame global para darlle ao alumnado outra oportunidade de superar a materia: Deberá obter unha cualificación de 5 puntos ou máis para aprobar.
De suspender na convocatoria ordinaria, poderá presentarse á proba extraordinaria. Será un exame por escrito que englobe os contidos impartidos nas tres avaliacións e asemade os libros de lectura.Deberá obter unha cualificación de 5 puntos ou máis para aprobar.
LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA
1º TRIMESTRE Campus morte. Lito Vila. Ed Galaxia
2º TRIMESTRE Teranga. Beatriz Maceda Ed Xerais
3º TRIMESTRE En terra allea. Pepe Carballude. Ed Costa Oeste -
Avaliación inicial traballando cun texto literario e outro xornalístico.
- A comunicación. A lingua como sistema. A comunicación escrita.Evolución do latín ao galego portugués. Trazos característicos.
As linguas de substrato e de superestrato. Patrimoniais semicultas e cultas. Derivación. Composición. Neoloxismos. Siglas e Acrónimos - Resumo. Ideas principais e secundarias.
- Comentario crítico de textos. O texto descritivo
- Vogais abertas e pechadas. O acento diacrítico e uso de s e x e de h
- Repaso xeral dos diferentes niveis da lingua: fonolóxico, gramatical (morfosintáctico) e léxico.
- Categorías gramaticais de substantivo e adxectivo .

- A comunicación. A lingua como sistema. A comunicación escrita.Evolución do latín ao galego portugués. Trazos característicos.
-
- Estudo dos trazos lingüísticos distintivos das linguas da Península Ibérica, con especial atención ao éuscaro e ao catalán. Abordaxe da situación sociolingüística das linguas do Estado español.
- O estudo das propiedades textuais de coherencia e a cohesión, con especial atención á cohesión a través do uso dos tempos verbais.
- Literatura medieval galego-portuguesa. Difundiranse entre o alumnado fontes de consulta relacionadas coa tradición literaria medieval galego-portuguesa.
Estudo da lírica profana e concretamente, da cantiga de amigo e da cantiga de amor. - Repaso xeral dos diferentes niveis da lingua: fonolóxico, gramatical (morfosintáctico) e léxico.
-
- Estudo das variedades dialectais do galego e do portugués de Portugal e do Brasil. As linguas do mundo. As familias lingüísticas. A familia indoeuropea. (Estudar por preguntas curtas)
- Bloques lingüístcicos do galego. Variedades dialectais.
- Análise das propiedades textuais II: a adecuación.
- As cantigas de escarnio e maldicir.
- Repaso xeral dos diferentes niveis da lingua: fonolóxico, gramatical (morfosintáctico) e léxico.
- Traballaremos o vocalismo aberto e fechado nos verbos.
- Lectura de Campus morte de Lito Vila Baleato.

-
- Identificación de prexuízos e estereotipos relacionados coa lingua e estratexias para contrarrestalos. Estudo dos xéneros discursivos do ámbito social.
- Estudo dos xéneros discursivos do ámbito escolar. O texto dialogal e o expositivo.
- Os xéneros menores da lírica profana, a lírica relixiosa medieval, na decadencia da lírica galego-portuguesa e a prosa medieval. O alumnado deberá saber interpretar as obras ao abeiro do seu contexto sociohistórico.
- Repaso xeral dos diferentes niveis da lingua: fonolóxico, gramatical (morfosintáctico) ortográfico e léxico. Os pronomes e o verbo
- A acentuación. Os signos de puntuación
- Relacións de significado
-
- Análise dos fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, préstamos, interferencias. Diglosia lingüística e diglosia dialectal. Influencia das redes sociais e dos medios de comunicación nestes fenómenos.
- Estudo dos textos orais e concretamente, do diálogo. Emprenderase o estudo do diálogo espontáneo ou conversa e do diálogo planificado, centrando a atención no debate, no faladoiro e na entrevista.
- Tratamento da literatura do período do galego medio (Séculos Escuros e Ilustración).
- Distinción dos tipos de oracións compostas por coordinación.

-
- Xéneros discursivos do ámbito académico: a recensión. Estrutura básica e características.
- Estudo das propiedades textuais: conectores, marcadores discursivos e outros procedementos léxico-semánticos e gramaticais que contribúen á cohesión do texto. Niveis de lingua e niveis de fala e con estes, os usos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
- Localización das funcións sintácticas que hai en oracións compostas por coordinación.
- O Rexurdimento e a figura de Rosalía de Castro. Lectura da súa obra con perspectiva de xénero e vínculos intertextuais con obras doutros autores. Os prólogos de Cantares e de Follas novas.
- Lectura Teranga Beatriz Maceda. Ed Xerais
-
- As oracións compostas copulativas, adversativas, disxuntivas, distributivas e xustapostas
- Atenderase á alfabetización informacional a través do estudo da noticia, abordaranse aspectos como a propiedade intelectual, as noticias falsas e o ciberanzol. Nocións de tecnoética: o copyright.
- Estudo da vida e obra de Curros Enríquez. Análise da súa obra ao abeiro do contexto sociohistórico e da tradición literaria.
- Repaso xeral dos diferentes niveis da lingua: fonolóxico, gramatical (morfosintáctico) léxico e ortográfico. Adverbios, preposicións e conxunción.
-
- Estudo da obra de Eduardo Pondal, relacionando as súas composicións co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria.
- Modelos de convivencia entre as linguas, as súas causas e consecuencias.
- Estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística e farase unha simulación de diálogo na clas
- Relacións semánticas e abordaranse os valores denotativos e connotativos en función da súa adecuación ao contexto e ao propósito comunicativo.
-
- Conceptos de carácter sociolingüístico: As linguas hexemónicas, as linguas minoritarias e as linguas minorizadas. Abordarase tamén o ecolingüismo.
- Uso autónomo de dicionarios, manuais de gramática e outras fontes de consulta, en soporte analóxico e dixital.
- Estudo da literatura galega da etapa, «Antre dous Séculos» (1890-1916). Elaboración de traballos de investigación lingüística .
- Lectura En terra allea. Pepe Carballude.Costa Oeste