Section outline
-
Cualificación das avaliacións trimestrais.
En cada avaliación impartiranse tres unidades didácticas.
No Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, no artigo 12 establécese: " Nas clases de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, usarase, respectivamente, o galego e o castelán, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado". O alumnado desenvolverá as probas en lingua galega. No caso das probas de avaliación escritas, ademais dos criterios de cualificación específicos de cada proba, aplicarase unha penalización de nota por incorreccións lingüísticas que no caso de 1ºde bacharelato non superará os 2 puntos. O alumnado utilizará a lingua galega oralmente na clase. Nos casos de avaliación oral a penalización por incorreccións lingüísticas poden chegar a 2 puntos. Nos traballos e exames seguiranse os criterios acordados no TIL do centro e que figuran no apartado 4.1 Concrecións metodolóxicas. Terán unha penalización de ata 0.5 puntos.
Empregar métodos fraudulentos na realización das probas, copiar, permitir que outros copien o seu traballo ou participar en calquera estratexia para mellorar resultados implicará a obtención automática dun cero (0) na proba escrita, tarefa ou exposición.
Cualificación das avaliacións trimestrais.
De conformidade co establecido na normativa vixente, consignaranse as expresións insuficiente(IN), suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) e sobresaliente (SB), acompañadas dunha cualificación numérica na escala do 1 ao 10, sen cifras decimais.
En cada avaliación terase en conta a lectura do libro (10%), tarefas de clase e de casa, comentarios, oralidade e elaboración de textos (10%) e 2 exames (80%).O alumnado para superar a materia deberá ter unha media aritmética de 5 puntos ou superior. Non se redondeará á alza ata a convocatoria ordinaria.
Cualificación ordinaria:
O alumnado para superar a materia en cada avaliación, deberá ter unha media aritmética de 5 puntos ou superior. Para o cálculo da cualificación final do curso, farase a media aritmética das notas reais das tres avaliacións ( non as do boletín sen ponderar)
-No caso de ter superadas positivamente as tres avaliacións a nota final será a resultante de calcular a media aritmética das tres avaliacións; redondearase á décima a partir do 0.7, de ser o caso.
-No caso de ter unha avaliación suspensa realizarase unha proba de recuperación ao inicio do trimestre seguinte, coincidindo coa volta dos períodos vacacionais agás no último trimestre, que datará antes da realización do exame global.Será un exame por escrito que englobe contidos impartidos e asemade os libros de lectura, de ser o caso. Considerarase que o alumno recuperou dita avaliación se acada unha cualificación de 5 ou máis.Para os efectos de cálculo da cualificación final, terase en conta que a cualificación da recuperación substitúe á obtida da avaliación suspensa.
-No caso de ter unha avaliación suspensa realizarase unha proba de recuperación ao inicio do trimestre seguinte, coincidindo coa volta dos períodos vacacionais agás no último trimestre, que datará antes da realización do exame global.Será un exame por escrito que englobe contidos impartidos e asemade os libros de lectura, de ser o caso. Considerarase que o alumno recuperou dita avaliación se acada unha cualificación de 5 ou máis.Para os efectos de cálculo da cualificación final, terase en conta que a cualificación da recuperación substitúe á obtida da avaliación suspensa.
Para o cálculo da cualificación final do curso, farase a media aritmética das notas reais das tres avaliacións ( non as do boletín sen ponderar).
Criterios de recuperación.
De non acadar unha media de 5 entre as tres avaliacións (xa feitas as recuperacións), a profesora poderá realizar un exame global para darlle ao alumnado outra oportunidade de superar a materia: Deberá obter unha cualificación de 5 puntos ou máis para aprobar.
De suspender na convocatoria ordinaria, poderá presentarse á proba extraordinaria. Será un exame por escrito que englobe os contidos impartidos nas tres avaliacións e asemade os libros de lectura.Deberá obter unha cualificación de 5 puntos ou máis para aprobar.
LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA
1º TRIMESTRE Campus morte. Lito Vila. Ed Galaxia
2º TRIMESTRE Teranga. Beatriz Maceda Ed Xerais
3º TRIMESTRE En terra allea. Pepe Carballude. Ed Costa Oeste