Curso: 2024/2025HISTORIA DA ARTE 2º BACH, Section: ÁMBITO 1. Tema 2. A arte de Roma | AV IES MENDIÑO

Main course page

ÁMBITO 1. Tema 2. A arte de Roma

  • ÁMBITO 1. Tema 2. A arte de Roma

    • Se reledes os contidos do curso, publicados pola CIUG, veredes que para este segundo tema, a Arte Romana, indícase que prestemos atención unicamente a 5 obras, todas elas ARQUITECTONICAS. Aquí están:

      • Panteón de Agripa.
      • Coliseo o Anfiteatro Flavio.
      • Acueduto de Segovia.
      • Arco de Tito.
      • Teatro de Mérida.

      Neste novo vídeo, Belén Montilla presenta as características xerais da arte romana (e da etrusca). Con todo, se non queredes velo enteiro, centrádevos en 2 apartados, onde fai un pequeno resumo do contexto histórico e as características xerais da arquitectura romana:

      • Breve contexto histórico (06:28 - 09:15).
      • Arquitectura romana (09:15 - 19:00)