Ola a todas e todos,
Primeiramente lembravos que o curso ten que estar realizado o día 23 de outubro. Queda un pouquiño máis dunha semana así que non vos despistedes. Se tedes calquera problema ou dúbida podedes poñervos en contacto comigo polos corredores do IES, na mensaxería da aula virtual ou empregando o enderezo de correo electrónico marcos.chavarria@edu.xunta.gal.
Ademais quería avisarvos de que acabo de realizar modificacións no bloque dedicado a práctica da ferramenta de videoconferencia Webex.
Desta forma penso que axiliza a súa realización e non se perde aprendizaxe.
A tarefa número 10 queda reformulada da seguinte forma:
- Ler a documentación relativa ao uso da plataforma de videoconferencia.
- Entrar na actividade Escolla de parella para a Tarefa 10 e escoller unha parella coa que realizar as probas.
- Poñerse dacordo con dita parella empregando a mensaxería da aula virtual ou o foro creado a tal propósito.
- Programar unha reunión na hora e data acordada coa parella. Compartir os datos da reunión coa parella.
- Conectarase a hora acordada á videoconferencia do compañeiro/a e por en práctica as utilidades básicas da plataforma (ver tarefa).
- Facer capturas de pantalla para realizar a entrega.
De terdes algunha dúbida resolverase no Foro de Dúbidas da aula virtual ou contactando pola mensaxería da propia aula virtual co profesor/titor. No caso de ser necesario realizarase algunha videoconferencia para axudar na realización da tarefa.
Moitos azos para o que queda de curso!
Un saúdo,
Marcos.