Benvidas e benvidos!
Hoxe, 1 de outubro comeza o curso Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes de 10 horas de duración e que se desenvolverá na Aula Virtual do centro IES Isaac Díaz Pardo e que rematará o 23 de outubro.
Neste curso contarás cunha persoa titora, Marcos Chavarría Teijeiro, quen te acompañará durante a celebración da actividade e poderá resolver as túas dúbidas.
Para acceder a el:
1. Vai á dirección web: https://centros.edu.xunta.gal/iesisaacdiazpardo/aulavirtual/course/view.php?id=235
2. Identifícate co teu nome de usuario/a e contrasinal da propia Aula Virtual do centro, de non ter acceso previo serás dado de alta pola profesora-titora da actividade.
Como persoa coordinadora da actividade estarei eu, Alberto Huerga, asesor de formación no CFR de A Coruña. Serei quen realice a xestión administrativa en Fprofe. Podes contactar comigo para aquelas cuestións organizativas ou administrativas que precises.
Saúdos cordiais.
Alberto Huerga