Ola,
Chámome Marcos Chavarría Teijeiro e vou ser o voso relator / titor do curso “Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes”.
O obxectivo deste curso é que aprendades a usar algunhas das ferramentas TIC que ofrece a Consellería. Queremos que aprendades todas as vantaxes que achega o seu uso e que teñades documentación a man para poder consultala en caso de necesidade.
O
curso ten un formato online e unha duración total de 10 horas. Na
aula virtual estarán publicadas e visibles todas as seccións do curso
para que os que poidades e queirades, poidades seguir o voso propio
ritmo. Porén, tamén podedes ver nesta ligazón unha DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DO CURSO de forma aproximada para que teñades unha idea do tempo que vos vai levar cada tarefa.
Cando accedades a aula virtual, veredes que hai varias seccións:
Aula virtual (Moodle): Nesta sección explícanse os aspectos máis importantes e básicas do uso da aula virtual do teu centro.
Videoconferencias (Webex): Aquí aprenderedes como empregar este sistema de videochamadas.
Repositorio de contidos do Espazo Abalar: Que é espazoAbalar e como se pode usar.
Formación na rede empregando Platega: Que é formación con Platega e ligazón para poder ver as súas opcións de aprendizaxe.
Portal espazoAbalar: Tedes diferentes videotitoriais explicando como acceder e como usalo.
Na maioría de tarefas, teredes que subir un documento cunha imaxe de que o fixestes. Para iso, usaredes a explicación arriba do curso “Como capturar a nosa pantalla do computador” e “Como crear PDF a partir dun documento de texto” (debido a que é mellor que entreguedes un documento PDF). Se vos resulta moi complicado, podedes entregar un documento de texto coas imaxes pero é mellor a opción de PDF para asegurar que todo se ve segundo o que vos fixeches.
O curso estará dispoñible desde a aula virtual do centro IES Isaac Díaz Pardo. Para acceder a esta aula virtual deberíades ter un nome de usuario e contrasinal. Como anexo a este aviso podedes ver un documento no que se explica como acceder ao curso, como vos autenticade e como realizar as dúas primeiras tarefas que se vos pide:
Modificar o voso perfil de usuario para engadirlle unha descrición e unha foto
Presentarvos no foro de presentación do curso: teredes que indicar voso nome e apelidos e departamento ao que pertencedes, os coñecementos previos que tedes de Moodle e se vos apetece indicar que esperades deste curso.
Haberá un foro de dúbidas para que poidades preguntar calquera aspecto relativo ao curso e así todos os compañeiros e compañeiras poderán velo por se teñen a mesma dubida que vós.
Calquera
cousa que vos faga falta, estarei dispoñible e respondereivos na
maior brevidade. Se non podedes contactar conmigo durante os descansos das clases no IES Isaac Díaz Pardo ou pola aula virtual podedes facelo empregando o meu correo electrónico (marcos.chavarria@edu.xunta.gal)
Ánimo co curso! Veredes que é moito máis sinxelo do que parece.