Section outline

    • O obxectivo deste curso é o de introducir aos docentes no mundo das novas tecnoloxías para a súa aplicación no ensino.
      As ferramentas TICs xa forman parte do contexto educativo dende hai anos; de xeito imprescindible no ensino a distancia e con cada vez mais peso no ensino presencial.
      Manexar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación permitirá ao profesorado desempeñar o seu traballo dun xeito mais eficaz e competente apoiado polo incentivo da motivación que supón, para os alumnos e alumnas, o emprego das novas tecnoloxías.
      Búscase, ademais, que os profesores que se adentren neste mundo do ensino dixital deixen atrás as reticencias e medos que, en ocasións, supón enfrontarse a algo novo. 
      Un profesor/relator estará detrás do proceso de ensino-aprendizaxe deste curso e facilitará a axuda necesaria aos participantes a través dos foros de dúbidas.
      O curso de formación terá un formato on-line e unha duración de 10 horas.


    • Nesta páxina, pódese consultar a estimación de como esta distribuído o traballo neste curso de formación.

      Esta distribución non é prescriptiva, nin en carga horaria, nin na orde na que están organizados os contidos. 

      Ao realizar esta temporalización tivéronse en conta a dificultade dos contidos e a necesidade de coñecementos previos para o desempeño das tarefas.