Tema 7: Século XIX: Romanticismo e Impresionismo
Section outline
-
-
A quinta sinfonía de Beethoven presenta unha estrutura clásica no seu primer movemento: unha forma sonata, (exposición-desenvolvemento-reexposición). Na traxectoria de Beethoven podemos observar claramente a transición entre o Clasicismo e o Romanticismo. Esta sinfonía aínda que na súa esencia é romántica presenta unha forma clásica. É romántica porque o motivo de catro notas que se repite constantemente e a caracteriza, simboliza o destino chamando á porta. Ese destino,ese fado que lle é sempre tan desfavorable ao compositor. O músico no Romanticismo deixa de estar ao servizo dun padrón a a ser un profesional independente, polo que xa podemos ver reflectida a súa vida na súa obra.
-
O cuarto movemento é o máis extenso desta sinfonía. Pódese escoitar so o himno da ledicia pero é preferible escoitalo enteiro.
Este movemento é un exemplo da liberdade compositiva que caracteriza ao Romanticismo. Nunha sinfonía, que é unha composición para orquestra, aparece no seu último movemento solistas e coro. Por qué? Porque o autor así o quixo, simplemente.
Volvo a insistir en entender a Beethoven como autor de transición. Na Quinta falabamos de estrutura clásica e agora, na Novena temos voces nunha obra orquestral. É un o paso das ríxidas formas clásicas á transformación e ruptura coas mesmas do músico romántico.
-
O piano é o instrumento rei no Romanticismo. Compóñense moitas pezas curtas sen estrutura determinada. Para Elisa é unha peza curta que reflicte os sentimentos do autor, pero aínda presenta unha estrutura clásica: o rondó.
Vemos outra vez como Beethoven é un autor de transición entre Clasicismo e Romanticismo.
É un rondó curto: ABACA
-
A orquestra no Romanticismo crece e seccións que non tiñan moita importancia en épocas anteriores como o vento metal e en menor medida a percusión, agora terán gran protagonismo. O resultado é unha sonoridade espectacular.
-
Exemplo de peza para piano do século XIX (Romanticismo)
Como xa se comentaba na Para Elisa, no Romanticismo compóñense moitas pezas para piano curtas e sen estrutura determinada. Soen ser virtuosísticas, é dicir, requiren gran habilidade técnica na súa execución.
Esta polonesa, ademáis de presentar esas características é un exemplo de nacionalismo musical: os músicos inspíranse no folclore do seu país para compoñer. Chopin é polaco e compuxo varias obras para piano tituladas Polonesa.
-
Un dos lieds máis famosos.
Lied: canción para piano e voz.
-
La donna è mobile é un aria para tenor pertencente á ópera Rigoletto. Este video é unha versión cinematográfica.
Rigoletto é unha obra da segunda etapa do compositor, onde atopamos outras óperas famosísimas como La traviata e Il trovatore. Estas obras caracterízanse por un marcado uso do ritmo e por melodías moi cantabiles.Presentan unha gran profundidade sicolóxica dos personaxes e un gran dramatismo.
-
Esta aria coñécese tamén como Aria de Fígaro.
Esta ópera é unha ópera cómica en dous actos. Na famosísima aria de Fígaro o personaxe preséntase e dí que é el o que fai todo na cidade: desde perruqueiro ata celestino .
-
Esta é unha posta en escena moi orixinal da famosísima Cabalgata das walkirias.
A ópera A Walkiria pertence á tetraloxía O anel do nibelungo. Os libretos das catro óperas toman como base a mitoloxía xermánica e narran a busca do ouro custodiado polos nibelungos, especialmente dun anel. A historia e a música foron concibidas polo compositor como un todo. Os leit-motivs son comúns as catro óperas.
Leit-motiv: Motivo conductor e unificador das óperas, que representa musicalmente cada sentimento, personaxe ou idea importante da obra.
A famosa melodía coa que comeza este fragmento é o leit-motiv das walkirias.
-
Ópera francesa.
Aria para barítono.
Reflicte o gusto romántico polo exotismo.
-
A zarzuela e un xénero propio de España, moi similar á ópera pero que inclúe diálogos falados.
A temática soe ser costumista.
-
Este é un dos fragmentos de ballet máis famosos de todos os tempos. Tanto a posta en escena como o vestiario son os considerados "clásicos" dentro do mundo da danza, aínda que por época non se corresponde co Clasicismo musical , xa que Tchaikovsky é un compositor do século XIX.
-
Nesta obra para orquestra apréciase a traslación á música do Impresionismo pictórico. A ausencia de debuxo, as pinceladas rápidas, tradúcense en melodías sen cadencias, en acordes de arpa, en imprecisión.
-
Neste ballet de Falla móstrase un argumento, estética e música con reminiscencias xitanas.
-
Schoenberg é o músico co que comeza o dodecafonismo, un movemento musical inovador que rompe coa tonalidade clásica facendo series cos doce sons da escala cromática.
Esta ópera dodecafónica é unha denuncia do antisemitismo.
A estética é expresionista, a angustia reflíctese mediante o sprechgesang, una declamación entonada non similar ao recitativo en canto ao efecto que causa.