Sinfonía nº 9 (4º Movemento)
Requisitos do completado
O cuarto movemento é o máis extenso desta sinfonía. Pódese escoitar so o himno da ledicia pero é preferible escoitalo enteiro.
Este movemento é un exemplo da liberdade compositiva que caracteriza ao Romanticismo. Nunha sinfonía, que é unha composición para orquestra, aparece no seu último movemento solistas e coro. Por qué? Porque o autor así o quixo, simplemente.
Volvo a insistir en entender a Beethoven como autor de transición. Na Quinta falabamos de estrutura clásica e agora, na Novena temos voces nunha obra orquestral. É un o paso das ríxidas formas clásicas á transformación e ruptura coas mesmas do músico romántico.
Prema na ligazón Sinfonía nº 9 (4º Movemento) para abrir o recurso.