Por sobre a barafunda de escarnios e pauliñas
que as cántigas dos servos por onde quer suscitan, espaventada, atóneta,
a virxe Poesía
clamou desalentada:
- Vates, crebade as liras!
Crebar as liras, cando se fai temer anda
a maza de Xan Dente por vara de Xusticia!
Cando nos nosos Códigos non val dun home a vida
os sete vis escudos
en que a tasou Molina!
Calar!... Que non se escoite o patuxar das vítimas no mar de inxofre e sangue da escravitú caídas!
Calar!...; i as maus cravadas i a túnica cinguida,
i a intolerencia abaixo i a intolerencia arriba!
Non. Feita está a pormesa i é menester cumprila.
A patria morre. Malia o fillo que a non mira!
E malia quen lle negue,
por tedio ou cobardía, os himnos que a amortaxen,
o sangue que a redima!
Dos autores galegos do Rexurdimento, a quen máis lle identifican este tipo de poemas é a Manuel Curros. Ubicámolo rapidamente no poemario Aires da miña terra.
Observamos unha clara crítica, que podemos dividir en dúas partes: nos primeiros versos trata de burlarse en certo modo das cantigas dos servos. Hai que ter en conta o significado de crebar as liras. As liras son un tipo de composición de cinco versos propia do noso país, mais a parte de crebar podémola entender como romper. É un dato cando menos curioso se sabemos que Curros non emprega unha métrica definida nas súas composicións, se non que se dedica a priorizar o entendemento e a comprensión antes que calquera modelo estético.
Por outra parte, continúa cunha crítica ás institucións. Nesta parte, transmite o seu descontento ante os modelos políticos da época, onde existe a escravitude, a intolerancia, as promesas non cumpridas, as falsas ideas de avance... e como iso lle está prexudicando á sociedade sen que ninguén o poida frear.