Viu deitarse méndegos
que se erguen marqueses;
tal clas de escrituras
firmar indixentes
que ó cabo dun ano
non teñen albergue;
soldados covardes
chegar a ser xefes,
e morrer sin groria
os máis grandes héroes;
pasar por honrados
os que honra non teñen,
por santos os pillos,
por xustos os debles;
subir ós altares
os que á forca deben,
i arrastrar carroza
quen debe un grillete;
chegar a poderosos
venteiros de aceite,
e comprar o ceo
prestando a intereses.
Vendo esto, Dios dixo
contra o seu chaleque:
- Si che outra vin nunca,
que o demo me leve!
Con noxo deixando
tantas cativeces,
inda noutras cousas
parou Dios as mentes.
Viu malos gobernos
que falsos i aleves
co xugo dos pobos
engordan e crecen;
cregos que feroces
como cans doentes
cun fusil ao lombo
predican aos fieles;
ricos que roubando,
as gabetas enchen;
(...)
I en fin, cantas cousas
que non deben verse,
que Dios, arripiado,
i as cruces facéndose
coñecida a causa
de que o inferno medre,
meteuse na groria
decindo entre dentes:
- Si eu fixen tal mundo
que o demo me leve!
Neste poema podemos ver claramente o tema que nos quere dar a entender Curros, simplemente esa crítica a Deus, facendo comentarios como chamándolle vello, dicindo que xa está canso, e incluso ao final fai unha representacion do deus dicindo que este mundo que fixo el é horrible. Critica a igrexa e o que se conta que fixo deus e a súa forma de pensar anti-católica.
Tamen podemos ver claros culteranismos (?), vulgarismos, etc. xa que el ao escribir utilizábaos moi ciclicamente.