No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
“Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.
Os seus ecos de malenconía
camiñaban na alas do vento,
i o lamento
repetía:
“Vou morrer e non ven ó meu ben!”
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
“Quen pudera dar volta _pensaba_,
quen pudera convosco voar!…”
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
“¡Quen pudera convosco voar!”
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!…
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.
O tema deste poema é a separación de dous amantes por culpa da emigración, o mozo emigra a América (tipico destino emigratorio) nun barco xa que nos di “aleve negreiro vapor” mentres que a moza ou muller chora “sin trégolas”. Simplemente contanos a triste historia desta parella.
Cara ao final, Curros quérenos dar a entender que o mozo, vindo de volta a Galicia, afogou, como di no ultimo verso “i on cadavre no fondo do mar”...