Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Este poema é un poema solto, incluído no volume 3 das Obras Completas publicadas no 1910, en Madrid.
É un poema de temática intimista xa que podemos ver os sentimentos do autor reflexados durante todo o poema, e podemos observar tamén como o poeta se identifica con males da protagonista, neste caso cos problemas de Rosalía, unha poeta que o autor admira e apoia segundo vemos ao longo do poema.
O autor sente unha angustia é unha dor enorme ao ver como se comportan/falan da poeta galega Rosalía De Castro, de feito nunha parte da obra fala de que reza por ela xa que el se atopa nun estado similar (intúo xa que di que el reza por ela pero que ninguén rezará por el).
Parece que, para o autor, esta poeta da que fala no texto é unha persoa importante e un referente xa que nos tres primeros versos non di unha palabra mala dela e fala dela como unha “musa”, que para el non foi valorada coma merecía. Tamén quero aclarar que o poema fala en primeira persoa, inda que os tres primeros versos fala en pasado e no último pasa a falar en presente, falando de que eses ósos que ían enterrar eran da protagonista
En conclusión o autor do poema exprésanos a súa dor e angustia ao ver como falan dunha muller que para el foi moi importante e ninguén trata como tal, tal e como reflexa no texto.