Moi boa, Pepa! Isto é o que se chama unha elexía, é dicir, un canto de alabanza a unha persoa falecida. Como sabes, Rosalía de Castro finou en 1885, cando Curros aínda vivía.
Sen parar máis, paréceme importante sinalar o retrouso que repite (paralelismo) e que di que Rosalía leva "na frente unha estrela" (simbolizando que era unha escritora combativa e rebelde) e "no bico un cantar" (representa que era coma unha cantante do pobo... na idea dos mesmos Cantares gallegos). Por certo, a TVG tivo hai un tempo un programa que se titulaba dese mesmo xeito: "No bico, un cantar", ía sobre a música tradicional. Oxalá fagan outro chamado "Na fronte, unha estrela" :)