lemos a Rosalía (+0'25)

Quíxente tanto meniña (poema nº10, Cantares gallegos)

Quíxente tanto meniña (poema nº10, Cantares gallegos)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
"Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón"

 

Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.

 

Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río,
¡o caravel afondou!...

 

Tan bo camiño ti leves
como o caravel levou.

 

Este poema, de temática intimista, forma parte do libro Cantares gallegos de Rosalia de Castro, escrito en 1863. Nos primeiros oito versos fálase de como o home quere a súa namorada. Pola contra, no resto do poema fálase de que a muller enganouno con outro e que, chegado o momento, el descúbreo e deséxalle o mal á muller que tanto quería.

Este poema paréceme interesante ao mostrar a imaxe dun home que foi enganado.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Quíxente tanto meniña (poema nº10, Cantares gallegos)

por Usuario eliminado -
Boas, Esperante! Será a profesora Fe quen avalíe o teu traballo, mais xa che adianto eu que este poema non era válido para o comentario no foro: por que? Pois porque xa o analizamos na clase (lembra, fixémolo a partir da versión cantada de Sabeliña en Operación Triunfo), cando aínda estaba eu convosco!

O resumo que fas é correcto, malia que podías concretar os versos e símbolos nos que se descobre o engano, a ironía por medio da cal lle desexa o mal...