lemos a Curros (+0'25)

Alborada (Aires da miña terra, 1880)

Alborada (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Escoitade! De fondas queixas cheo
brota d'a terra un misterioso canto;
rayos de branca lus tinxen o ceo,
rompe a mañá d'o celestial encanto.
d'a caixa de Pandora
sobr'a patria deitada,
que peste e mónstros gomitóu cad' hora,
vay a Espranza surxir consoladora
que quedaba n'o fondo acurrunchada...
 
¡Ouh, Libertá sagrada,
alba de groria pr'o oprimido mundo,
d'os povos deseada
que escravos viven en dolor profundo!
Esparéxe, querida,
d'escura noite as trévoas cenizentas,
de verdugos e déspotas garida.
 
 
E fuxan medoñentas,
seguidas d'o seu lívido aparello,
diante de tí as visiós d'o mundo vello!
 
Águia d' áureo piteiro,
d'ese mundo d'horror sobr' os escombros
bate xa as álas ó Porvir lixeiro...
¡Xunta esas forzas, mozedá, d' aceiro, 
si queres que se pouse n'os teus hombros!
 
Dispoñey, dispoñeivos pr'a seitura.
cansados labradores;
e si frutos queredes de dozura,
dond' agora herba ruin e grama dura
ceibay novas ideas: darán frores.

 

Este poema de temática intimista (?) forma parte do libro Aires da miña terra escrito polo autor do Rexurdimento Manuel Curros Enríquez en 1880.

A primeira estrofa fala sobre como existen certos males, ao falar da caixa de Pandora, elemento da mitoloxía grega a cal ao abrirse liberou todos os males do mundo pero, como fala máis adiante, tamén esparexe a esperanza.

Por outra banda, na segunda estrofa fálase sobre as ansias de liberdade e de como de mal está a clase traballadora e outros aos que chama escravos. Na terceira estrofa toma como metáfora unha aguia para representar o cambio que se debe dar no mundo. E, para finalizar, na cuarta estrofa fálase de como se debe traballar para chegar ao mundo que se quere conseguir.

Persoalmente, este poema paréceme que fala de temas bastante actuais, xa que sempre existen sectores da sociedade que se deben mellorar e tentar mellorar o mundo.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Alborada (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Unha 'alborada' pode significar tanto a primeira luz do día coma unha canción destinada a facer un chamamento ao 'espertar'. Neste caso, Curros fai un chamamento ás xentes do pobo (xa no verso 1 di: "ESCOITADE") para ser es artífices do seu propio futuro. Por tanto, Esperante, malia que poderiamos analizar moito máis polo miúdo o poema, o que está claro é que a temática é social (xa que se preocupa polo futuro da cidadanía), non intimista!
 
@fe